Acta grupo de trabajo 9/08

Orde do día

 

  1. Elaborar unha proposta para a asemblea de cara á creacián dun grupo de traballo que se encargaría da posta en marcha dun grupo de acción STOP DESFIUZAMENTOS cun ámbito de actuación na provincia de Ourense. Este grupo tería como misión encargarse do contacto coa plataforma a nivel estatal, a información sobre os procedementos legais, o contacto e compromiso de presenza dun avogado, a configuración dun grupo de persoas comprometidas e dispostas a levar a cabo as accións e a difusión da súa existencia entre a sociedade ourensá. CONSENSOXa se fixo un contacto previo coa plataforma de Afectados pola Hipoteca da provincia da Coruña.
  2. Dentro do mesmo punto infórmase do recente desaloxo dunha familia no concello de Esgos. Proponse manterse informados sobre a subasta da vivenda e denunciar a devolución dos beneficios que xenera á familia lexitimamente propietaria da mesma.Faise constar o número de desfiuzamentos anuais que se producen na provincia de Ourense e que roldaría os 200. Se ben non todos se producen por impago de hipoteca. Encargaríase tamén ao grupo de traballo aportar maior información sobre esta cuestión
  3. Postura de acampadaourense sobre o gasto de diñeiro público pola visita de Ratzinger a Madrid. Ábrese un turno de palabra.- Chámase á prudencia na posición de cara a non ferir a sensibilidade dos crentes.- O comunicado debería centrarse na postura en contra do finanzamento con cartos públicos desta visita.- Dase lectura ao manifesto redactado polo observatorio da laicidade.

    http://www.laicismo.org/observatorio/destacados/de_mis_impuestos_al_papa_cero.html

    – Ponse en dúbida a cantidade de 25 millóns de euros de gasto público.

    – Intervención a favor do manifesto.

    – Lémbrase a constitución republicana e referencia que facía á separación de estado e igrexa. Maniféstase en contra do apoio público e financeiro á visita do papa.

    – A favor da sinatura do manifesto.

    – Sinálanse as desafortunadas declaracións dunha representante do PP en Asturias sobre a donación de 50 millóns de euros de axuda a África.

    – A favor de apoioar o manifesto ou redactar un novo, pero non cambiar parágrafos concretos del.

    – Intervención para lembrar que non existen diversas opcións relixiosas na casiña do IRPF.

    – Poderíase crear un texto propio facendo referencia á cuestión anterior e tamén ao fraude fiscal que comete a igrexa cando non declara ingresos por vodas, bautizos, etc. Faise fincapé da necesidade de respectar a todas as crenzas e non ferir a fe dos demais. Establécese un paralelismo entre os gastos coa igrexa católica e os de outras visitas de líderes relixiosos.

    – 2 intervencións a favor de que non se faga novo manifesto e non se saia do tema a debate.

    – Tócase o problema de control da natalidade pola actitude da igrexa católica.

    – Pídese que non se lle dean privilexios á igrexa e se lle retiren dereitos a outros en relación ao desaloxo da Porta do Sol. Que non haxa despilfarros coa crise actual.

    – Non asinar o manifesto sen contrastar o dato de 25 de millóns de euros. Que se critique no manifesto a permisividade fiscal coa igrexa.

    – Faise constar a característica do estado en relación á relixión en función do que figura na constitución: é un estado aconfesional, non laico.

    – Pídese enlazar o manifesto lido dende a rede da acampada.

    – Proponse que as persoas interesadas en que se aprobe un novo manifesto o traian xa redactado á asemblea do xoves.

    – Ante a dificultade que se presume pode ter constatar con certeza o gasto de 25 millóns de euros de diñeiro público esíxese transparencia.

    – Óscar proponse voluntario para realizar esta comprobación.

    Chegados a este punto NON HAI CONSENSO. O xoves debatirase na asemblea se adherirse ao manifesto xa lido ou a outros manifestos. Tamén se procurará traer esa información sobre a cantidade de diñeiro público que se vai investir.

 

  1. Revolta de Londres.- Compárase a sublevación co movemento 15M. Califícase como algo inaceptable a morte dun cidadán a mans da policía.- Redactarse un comunicado para ler en asemblea popular. HAI CONSENSO– Critícase o tratamento dos medios de comunicación e a falta de ética á hora de abordar o problema dende as súas causas ata as súas consecuencias.

 

  1. Recórdase a celebración mañá mércores día 10 de agosto do grupo de traballo de Teatro do Oprimido.

 

  1. Outros puntos:
  • Mañá Coordinación traerá textos sobre democracia participativa elaborados dende acampadaasturies.
  • Pídese incluir na orde do día da asemblea do día 11 as propostas elaboradas pola comisión de economía de acampadasol.
  • Pídese incluir na orde do día da asemblea do día 11 a convocatoria dunha reunión preparatoria da manifestación do 15 de outubro.

Os comentários estão desativados.