Acta do día 04/08/2011
Na Praza Maior de Ourense. Comeza a asemblea as 20.20 horas.
1. Lectura do dossier que se levará ao III Foro Galego de Acampadas:
- · Dase lectura ao dossier (Anexo1).
- · Actualízase o punto 3, memoria de actividades: o flashmob incluiu a máis bancos da rúa do paseo, houbo unha concentración o 27 de maio en apoio aos desaloxados de acampadabcn, e realizouse unha conga reivindicativa o 2 de xuño. Asimesmo houbo dous concertos máis: a banda anónima e os perqtores. · En relación ao punto 4 acórdase que sexa Xiana a relatora no foro dando lectura ás memorias realizadas por ela mesma, Pablo e tamén Óscar e Alba sobre a participación na Marcha Popular Indignada.
- · En canto ao punto 5 inclúese como obxectivo propio a curto prazo a emisión pública de documentais na praza para axudar a visibilizar e expandir o movemento.
- · No punto 6 faise constar que xa está en marcha o fanzine galego editado dende a acampadavigo. Inclúese a proposta de consensuar un modelo de recollida de sinaturas a nivel galego e facer unha proposta a nivel estatal. En relación ás charlas o punto debería aclarar que se pretende organizar conxuntamente unha xira de diferentes voces polas acampadas galegas, compartindo esforzos a nivel organizativo entre elas. Tamén hai consenso para levar ao foro o debate en relación ás eleccións do 20 de novembro e se vai existir algún posicionamento do movemento de cara ás distintas opcións de voto.
2. Charla sobre economía en acampadaourense.
– Programarase en vindeiras datas e tratará sobre a crise/estafa económica.
3. Contacto con Amigos da Terra. Visitouse a súa sé para coordinar esforzos e apoios sen concretar aínda. Repetirase visita e máis haberá contacto con Verdegaia.
4. Intervención sobre propostas económicas e posición de cara ao 20N.
– Solicítase a acampadaourense a ratificación e difusión do informe e propostas económicas consensuadas por acampadasol. Proponse levalo, xunto cos puntos mínimos de consenso, aos partidos políticos, solicitando que sexan asumidos dentro do seu programa electoral. No caso que ningún o asuma posicionar o movemento de cara á participación con voto en branco nas eleccións do 20 de novembro. Esta proposta debatirase na asemblea do 11 de agosto.
– Intervención de cara a aclarar a diferencia entre voto nulo (non computa) e voto en branco (sí computa) e a súa influencia no beneficio ás opción maioritarias de voto.
– Incídese na importancia de tratar estes temas fundamentais con urxencia.
– Proponse tratar o tema na rede galega de discusión para chegar pronto a un consenso.
– O luns día 8 leranse en grupo de traballo dous documentos sobre democracia participativa e ferramentas democráticas dixitais. Tamén se enlazará dende facebook.
5. Sobre o desaloxo da acampadasol.
– Relárase o desaloxo da acampadasol e a reacción masiva do pobo. Faise un chamamento á reactivación da actividade de acampadaoure no seu labor de difusión en barrios da cidade e vilas da provincia. Proponse acampar de novo como acto simbólic.
– Fálase do establecemento e posterior desaloxo do punto de información na Praza Maior de Madrid. Tamén se fai constar o desaloxo dos locais comerciais en Sol por parte da policía local de Madrid.
– Analízase a cuestión de fondo do desaloxo: O 15M ten o 80% de apoio cidadán e esta acción pretende debilitar o movemento. Tamén podería estar vencellado á visita do Papa. Analízase o papel como corredor de fondo de cara a transformar a sociedade. O 20N é só un paso nese camiño.
– Faise constar unha nova cuestión de fondo: a situación económica actual e a inminencia do rescate financeiro e o que iso conleva. – Sinálase a conveniencia de renovar a linguaxe para escapar das súas trampas: estafa<->crise e chantaxe<->rescate.
– Cúlpase directamente ao FMI como responsable da estafa.
6. Outros asuntos.
– Toma a montaña levará a cabo unha acción nas minas a ceo aberto de Laciana (León) entre os días 26 de agosto e 5 de setembro. Convídase aos ourensáns a participar nela. En relación á Marcha Popular Indignada infórmase da existencia dun documento coas demandas recollidas nas asembleas celebradas nas vilas polas que transcorreu. Este documento foi entregado ao presidente do goberno por parte do deputado Gaspar Llamazares.
– Cursar solicitude a acampadasol para a cesión do documental que conta a historia do indignado islandés, da súa loita e anécdotas, remarcando a unidade do pobo.
– Sinálase a importancia de dar pasos de compromiso a nivel individual, tanto no consumo como na organización e participación en cooperactivas e banca ética.
– Convócase grupo de traballo de teatro do oprimido para o vindeiro mércores día 10 ás 20:00 na praza.
– Convídase a participar no grupo de teatro itinerante organizado en Madrid Vac-acciones.
– En Madrid falouse do tema de recollida de sinaturas sen chegar a acordar nada en concreto.