Mesa Redonda de posta en común das experiencias da Marcha Indignada 26/07/2011Turno de Palabras
- Comunicación: Hoxe, mesa redonda sobre experiencias personais en Madrid, Mércores, charla sobre o Sáhara, Xoves, asemblea de propostas recollidas en Madrid e proxección de fotos.
- Alba: Propón debates temáticos a partir do xoves. Apunta que Ourense non fixo propostas específicas en Madrid.
- Magos: Estivo no grupo de traballo de economía. Falouse dun referendo polo cambio constitucional.
- Ricardo: Fala da mellora da organización para non perder tempo e poder afrontar deates de propostas.
- Marisela: Destaca a motivaión e o grao de compromiso dos asistentes a grupos de traballo e asembleas. Pide buscar máis xente que se implique.
- Dani: Subscribe o anterior. Fala da importancia da coordinaión entre acampadas.
- Gure: Rede N-1. Propostas de participación en foros, ciberasemblearismo. Proponse como xestor do usuario da acampada en N-1 e se acepta.
- Lorena: Mellorar a coordinación, información e difusión como obxectivo da acampada.
- Alba: Propostas: Fai unha revisión das comisións e da súa operatividade. Incluir expertos na acampada. Moverse polas aldeas. Sumarse a takethesquare.net. Tentar conseguir un local polo Concello ou Deputación. promover o consumo razoable. Coordinarse coas comarcas ourensás. Difundir máis as nosas convocatorias. Enterarse dos posibles desafiuzamentos na provincia.
- Mari: Fala da súa experiencia na marcha. A primeira andaina resultoulle emocionante pola vida comunal. Da segunda experiencia destaca a demostración de forza do 15M. Tamén do efecto expansivo e motivador para outras acampadas. Fai unha lectura crítica positiva de AcampadaOurense. Sobre as propostas de Alba: Si á percura dun local: Mercar unha Haima, alugar un local. Usar micro sempre nas asembleas. Buscar fontes de finanzamento. Chamar a profesores universitarios.
- Martiño: Máis traballo. Ocupar un edificio público.
- Emilio: Pon de manifesto que é totalmente viable ocupar un edificio ou local público. Buscar algo de finanzamentos.
- Gure: Sobre as charlas: Ofreceron a Aula Magna da universidade. Fala de que hai xente na universidade que se implicarían dende a discreción.
- Ricardo: Existe un local por 150€ preto da praza. Atopa contraditorio solicitar un local ó concello ou á deputación. Tamén pide compromiso á xente. Gústalle a idea da haima, falará coa a Asociación Saharaui. Os de León vendían merchandising para financiarse. Débenselle cartos a xente parada.
- Alba: Que na asemblea do xoves se ratifiquen os novos responsables.
- Marisela: O papel de outras asembleas galegas foi decepcionante. Non quere financiamento, prefire recursos. Non quere que colabore ningún profesor universitario que non estea disposto a vir e comprometerse. Acudir a barrios e colectivos a falar.
- Magos: Volver a chamar á participación.
- Roberto: Subscribe a proposta de Alba de que cada persoa se documente e acuda a grupos de traballo a informar. Que os profesores universitarios que queiran publiquen as súas conclusións. Si ao debate na universidade. Establecer mínimos: que os asistentes traian propostas que nos poidan aglutinar.
- Lorena: Traballar na dinamización dos colectivos sociais.
- Ricardo: Charla sobre o Sáhara. Percura de voluntarios. Traballar na difusión. Xustifica a charla e a súa conexion co 15M. Fala da xustiza para o pobo Saharaui.
Propostas para a orde do día da Asemblea do día 28:
- Chamamento sobre o foro do 6 de agosto. Lectura da Orde do Día.
- Que se envíen as propostas escritas que xurdiron en Madrid ó enderezo electrónico da acampada. Están xa colgadas as actas de Madrid.
- O último xoves de mes é a Masa Crítica. Proponse coordinar esforzos.
- Ratificar as novas responsabilidades. Tratar o tema do finanzamento.
- O xoves haberá asemblea e o venres queda a charla informativa sobre Madrid.
