Queridxs compañeirxs !!!
Queremos facervos participes e cómplices da coordinación a nivel global da marabillosa proposta que entre todxs xeramos a fin de semana na que en Sol se celebrou o encontro de acampadas. Referímonos a Toma a praia, toma a montaña !!!
Dende aquel día estamos a darlle voltas á proposta para convertila nunha das accións de alcance global máis reivindicativas que se nos ocorre, e moito máis no verán !!!
– O obxectivo desta acción sería desprazarnos a partires do 1 de agosto a aqueles lugares costeiros e de interior que estean a sofrer calquer situación de contaminación, corrupción urbanística, explotación de turismo agresivo, degradación das paisaxes, trasvases, encoreos, etc.
– Trataríase de acampar nestes espazos para crear unha consciencia social sobre o maltrato que están a recibir. Realizar múltiples accións e actividades, así como obradoiros formativos e educativos na zona. Estas acampadas serán totalmente respectuosas co medio ao que pretenden defender.
– Para empezar pedímosvos ilusión e compromiso. Animádevos a enviar propostas sobre accións e espazos na zona de Galicia a acampadaourense@gmail.com. Lembrade poner no asunto a frase “Toma a praia, toma o monte!!”