Acampadaourense acude a concentración en apoio á II Flotilla da liberdade, convocada pola organización rumbo a Gaza, onde se establece un primeiro contacto para unha futura charla na praza maior.
Despois desto da lugar o comezo da asamblea.
Despois desto da lugar o comezo da asamblea.
- Proposta de poñer unha mesa de firmas durante as próximas asembleas. Aprobado por consenso.
- Recórdase que quen teña tickets de gastos ou gastara gastos propio na preparación da manifestación do 19X se poña en contacto con membros da comisión de coordinación.
- Proponse facer soamente as asembleas un día a semana pero con medios necesarios para unha maior difusión(micrófono e altofalantes). Chégase a consenso para comezar a realizalas os xoves de cada semana as 20h. Nestas asembleas terá lugar a recopilación e difusión do traballo exercido polos grupos de traballo durante á semana (xa que seguirán traballando tódolos días as 20h) e procederase as votacións pertinentes que se irán acumulando durante o resto dos días.
- Proposta de acción reinvindicativa a diferentes cadenas de tendas.
- Proposta de placa para a Praza maior, a falta de votala o xoves, comézase a mirar presupostos, o primeiro deles é de 100€.
- Establécense os seguintes grupos de traballo para os próximos días: 1) Consenso de mínimos, 2) Mural 1x1m, 3) Continxente de emergencia, 4) Accións reinvindicativas anticonsumistas durante as rebaixas e cadenas textiles e 5) Grupo de traballo de recollida de firmas (volantinas e táboa de horarios).
- Tema autocar para acudir a Madrid o día 23 de xullo para chegar xunto coa MarchaPopularIndignada. Os primeiros presupostos rondan os 1300€, sobre 27€ por persoa no caso de encher o autocar de 50 prazas. Falta votar esta iniciativa en asamblea.
- Recórdase que o xoves o rematar a asemblea haberá un simulacro de charla ante asociacións para mostrar o que se vai a facer nestas saídas.
Cérrase a asemblea