GT Sanidad Manifesto 15M Pontevedra e SOS Sanidade Pública

MANIFESTO  MOVEMENTO 15 M DE PONTEVEDRA- SOS SANIDADE PÚBLICA

A Sanidade Pública universal e gratuíta garante o dereito fundamental á saúde das persoas en condicións de igualdade, xa que facilita a asistencia de saúde a calquera persoa independentemente do seu nivel económico e social. O seu financiamento por impostos fai que os colectivos con maior saúde e poder económico contribuían a financiar aos máis débiles e enfermos.


A Sanidade Pública é unha conquista que custou grandes esforzos e loitas sociais ao longo de moitos anos e contribúe a reducir as desigualdades sociais e proporcionas seguridade e tranquilidade aos cidadáns

Nos últimos anos hai unha campaña xeneralizada para desprestixiar e desmantelar os sistemas públicos de saúde: O Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e a Unión Europea están promovendo políticas destinadas a facilitar que as empresas multinacionais poidan facer negocio cos fondos que os países destinan a sanidade, o que pasa por desmantelar e privatizar os sistema sanitarios públicos

Galicia destina o 34% do seu orzamentos a sanidade pública, un bocado moi apetitoso para os grupos empresariais privados. Esta Comunidade Autónoma é xunto a Valencia e Madrid unha onde máis avanzou a privatización dos servizos sanitarios con experimentos como transformar os hospitais en empresas privadas (Fundacións Sanitarias), crear Sociedades Anónimas para xestionar servizos de alta tecnoloxía sanitaria (MEDTEC), destruír as áreas sanitarias para cederlles nalgúns casos a hospitais privados (POVISA en Vigo), financiar e xestionar os novos hospitais e centros de saúde por consorcios empresariais privados (bancos, construtoras e aseguradoras privadas) que os explotarán durante máis de 20 anos, incrementar os concertos co sector privado, privatizar servizos como os de diálises renal, información sanitaria, central de compras, limpeza, esterilización, lavandería, seguridade, restauración, etc.

Esta estratexia da Xunta de Galicia de  Núñez Feijoo conduce ao sistema sanitario público a unha situación de privatización sen retorno.

A política sanitaria deste Goberno e a maior ameaza ao sistema sanitario público desde a súa creación. A decisión de combinar unha redución do orzamento sanitario en case 200 millóns este ano e o recurso a financiación privada para construír, restaurar  e xestionar os hospitais e centros de saúde centros sanitarios que multiplicará o custo final dos mesmos, xerando un endebedamento incompatible coa sostenibilidade do actual sanitario sistema público.

Esta reforma fíxose de costas aos cidadáns e aos traballadores sanitarios, vulnerando a Lei Xeral de Sanidade e a Lei de Saúde de Galicia, que obrigan ás administracións a facer partícipes á cidadanía e aos traballadores sanitarios da planificación e control das decisións que afectan ao sistema, especialmente nunha materia tan sensible como é o cambio de orientación do mesmo de público a privado.

A falta de recursos está xerando xa unha situación de deterioración dos servizos: Peche dos hospitais pola tarde incremento as listas de espera; paralización dos Plans de Mellora de Atención Primaria (que perpetúan a masificación das consultas) Saúde Mental, Drogodependencias  e a Muller; a parálise dos Plans Directorios de mellora de hospitais (necesarios para frear seu deterioro); o pago por transporte en ambulancias con supresión deste servizo nalgunhas áreas. ,

Consideramos unha burla e unha afronta á cidadanía galega que o dereito á participación na saúde recoñecido pola Constitución e a Lexislación Galega  se vexa substituído por actos de propaganda dirixidos aos representantes de cidadáns e profesionais aos que non se lles consultou nin tivo en conta para nada á hora de decidir estas políticas.

Por todo isto:

  • O Movimento 15 M e a Plataforma SOS Sanidade Pública declarámonos indignados e en rebeldía fronte as políticas da Xunta de Galicia e da Consellería de Sanidade de deteriorar e privatizar a sanidade pública galega

  • Rexeitamos esta política sanitaria  que rompe o consenso institucional en materia sanitaria, feita a espaldas da cidadanía

  • Chamamos a toda a cidadanía galega, calquera que sexa a súa ideoloxía política, a rexeitar a deterioración e privatización do noso sistema de saúde público.

Os comentários estão desativados.