Acta do día 27/06/2011

Comeza a asemblea as 20.20 horas.

 

1. Trátase o tema das firmas:

Chégase a dúas conclusións básicas: a necesidade de establecer un control da xente que vai a recoller as firmas, e empezar xa. Quédase en levar mañá as follas de firmas para que se empecen a repartir entre a xente que queira comezar coa recollida, sempre previa anotación dos seus nomes, apelidos, DNI, número de Tlf. e correo electrónico nunha folla que será custodiada por membros da comisión de coordinación.

2. Necesidade dun stand de información:

Proponse outra ubicación para o stand mellor que o da praza Maior, dando ideas como a praza do Ferro, os xardíns do Padre Feijoo, a calle do Paseo ou o parque de San Lázaro. Faise fincapé na necesidade de establecer uns horarios para mantelo dispoñible. A idea de concurso para stand non é ben vista polo de agora porque urxe telo operativo no mínimo tempo posíbel, é proponse establecerse unicamente con unha mesa.

3. Charlas con asociacións de veciños:

Fálase da necesidade de que este sexa o paso a seguir por parte da Acampada, é vese necesario a formación dun grupo para ir a elas. Pídense colaboradores e saen polo de agora, Ricardo, Magos, Roberto e Dani Conde pero haberá que seguilo recordando para que se sume máis xente. Ricardo será o enlace coa asociación Albor (O Couto), vese como outro lugar factible o fogar do pensionista. Quérese enfocar o tema  dende o punto de vista de facer un debate en cada asociación expoñendo a nosa maneira de actuar e os nosos mínimos e que eles nos acheguen as súas inquedanzas. As charlas deben ser o pé que nos faga entrar nos barrios. O señor Pepe da a idea de deixar follas de firmas nas asociacións amigas que vaiamos recadando.

4. Collage de 1x1m, queda derivado a Accións para que eles se encarguen a partir de agora.

5. Propostas:

Proponse a creación dun panfleto informativo acerca da Lei e a Reforma electoral para dar mentres se piden firmas, xa sexa nas mesas informativas ou no caso de poderse pola rúa.

 

Grupos de traballo para o día 28/06/11:

  • Grupo de traballo referido as charlas nas asociación veciñais, debaterase a estrutura das charlas, o puntos a tocar, e definiranse os puntos mínimos da acampada para poder achegar a xente, dunha maneira concisa e fácil de entender.
  • Grupo de traballo para buscar ideas para o mural/collage que hai que mandar a Madrid.
  • Grupo de traballo para próximas acción reivindicativas locais, tendo en conta as xa vistas no Facebook, e en caso de aceptar algunha comezar a ver a maneira de pola en práctica.

Péchase a asemblea do día 27/06/11 as 21.10 horas recordando a charla das 21.30.

Os comentários estão desativados.