ASEMBLEA XERAL

A Asemblea xeral é unha ferramenta de AcampadaOurense para avanzar por consenso cara uns obxectivos plantexados polos grupos de debate / traballo.

En cada Asemblea terá que haber dúas figuras con roles ben definidos e que non poderán ser a mesma persoa. Deberán estar elixidos previa e democráticamente:

1. Moderador

Persoa encargada do bo desenvolvemento da asemblea e que recorde ó grupo que ten que acadar uns obxectivos fixados na orde do día nun tempo limitado. Ten que asumir unha función dinamizadora e obxectiva, e levar a estructura da sesión. No caso de haber un aforo elevado o Moderador pode ter un axudante para levar as quendas de palabra cando sexa preciso.

Moderar non é liderar ou dirixir, sinon responsabilizarse de axudar ó grupo a cumplir os seus obxectivos. Unha persoa que teña moito interese nos asuntos tratados terá moi difícil a tarefa de moderar.

2. Secretario

Persoa que levantará acta da sesión da Asemblea. Ten que ir recollendo as resolucións que tome o grupo sobre as diferentes propostas así coma as novas propostas que cheguen ou as preguntas que se fagan. Tamén debe anotar calquera outra incidencia que poida suceder. As súas anotación teñen que ser obxectivas, claras e sintetizadas, para o cal pode precisar a axuda dunha segunda persoa, un auxiliar, para ter outro punto de vista.

 

Para que se toman actas?

As principais razóns para tomar actas son: cumplir os compromisos, coñecer, recordar os temas tratados e asumir decisións vellas para tomar novas decisións.

 

 

Os comentários estão desativados.