II Foro Galego de Acampadas (FGA)
Un intre decisivo materialízase ante tod@s nós. É tempo de consolidar e desenvolver o traballo realizado no “I Foro Galego de Acampadas” (FGA) e crear aqueles mecanismos de comunicación e coordinación que nos permitan establecer líñas estratéxicas de acción para seres máis fortes.
O presente “II Foro Galego de Acampadas” pretende reunir a toda-las acampadas e asambleas existentes nas vilas e cidades de Galicia, co fin de artellar sinerxias que aporten un novo pulo ao mensaxe do movimiento 15M e así consolidar a nosa presenza a nivel estatal e internacional.
C O N V O C A T O R I A do II FGA :
Día: Sábado, 25 de xuño de 2011.
Punto de encontro: Praza do Obradoiro (SCQ). Hora: 9.15h
Lugar do Foro: Parque de Vista Alegre. (Zona Auditorio de Galicia, a 10 min. camiñando).
C o n t a c t o s O r g a n i z a c i ó n : acampadascq@gmail.com
comunicacion@15mvilagarcia.com
Formato e necesidades :
- Poderán participar no foro ate 5 membros por cada acampada.
- Cada acampada asumirá os custes de desprazamiento ate Compostela.
- O II Foro dará comezo ás 9.45h do sábado, rematando o mesmo día á noite.
- Respeto estricto aos turnos de intervención é tempos acordados.
Acampadas invitadas (16):
A Coruña, Cambados, Cangas de Morrazo, Carballo, Ferrol, Lugo, Monforte, Obradoiro, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Porriño, Ribeiro, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
Se coñecedes algunha acampada / asamblea galega máis, facédelle extensiva esta convocatoria. Asemade facilitádenos o seu contacto.
Programa:
9.15 h : ACOLLIDA de acampadas e asambleas galegas.
9.45 h: INICIO – desprazamento camiñando ao Parque de Vista Alegre –
– Primeira parte:
-
Presentación das acampadas (3min. por acampada)
-
Lectura da orde do día e obxetivos do II FGA.
Someteranse todos eles a aprobación por consenso.
– Segunda parte:
-
Definición dun protocolo de organización do FGA.
-
Centralización de vías de comunicación interna (a nivel galego).
-
Estructuración da comunicación externa das acampadas galegas.
11.45 h: – pausa de 15 min.-
– Terceira parte:
-
Tentaremos artellar mecanismos de coordinación para accións conxuntas entre acampadas galegas.
-
Formas de coordinación da Marcha Popular de Indignados (ruta noroeste).
13.45 h: DESCANSO: – regreso á Praza do Obradoiro –
14.00 h: XANTAR:
segundo a disponibilidade da despensa dos anfitrións.
15.25 h: SOBREMESA:
Charla sobre a plataforma web: N-1 “A nosa nova tenda nodriza interacampadas.”
Marcos (#acampadacoruna) e Dani Rey (#acampadaSCQ) serán os “friskis” e responsables da mesma.
16.45 h: – desprazamento camiñando ao Parque de Vista Alegre –
17.00 h : RE.INICIO : – Cuarta parte –
-
Análise da situación do movemento en Galicia dende o 19X.
-
Proxeción do movemento en Galicia da Marcha Popular de Indignados.
-
Propostas de acción conxunta para o establecemento de novas líñas estratéxicas de traballo.
-
Creación dun plan de actividades conxuntas para o verano-outono.
18.45 h: REGRESO – Praza do Obradoiro –
– Quinta parte –
19.45 h: RESUMO e posta en común das conclusións do II FGA. previo Espazo de micro aberto da #acampadaobradoiro.
21.15 h: FIN do II FGA – Orde do día –
22.00 h: CEA
segundo a disponibilidade da despensa dos anfitrións.
CONSIDERACIÓNS ORGANIZATIVAS:
- Cada acampada deberá nomear á sua chegada á #acampadaobradoiro 1 ou 2 voluntari@s para colaborar no equipo de traballo do II FGA.
- Co gallo de atendervos do mellor xeito posible, debedes de confirmar á vosa chegada indicando se estimades pernoctar na acampada SCQ. Neste intre temos capacidade de acoller polos nosos medios a uns 15 campistas aproximadamente. Sempre podedes traer a vosa propia tenda e saco a maiores, claro.
- Lembramos que o II FGA é un espazo de traballo polo que non está permitido o consumo de drogas (agás café, ghominolas ou colacao ..) debendo respetar o resto de actividades programadas en acampadaSCQ, así coma as quendas de descanso e normas xeráis de convivencia.
AVISO para @s campistas asistentes :
admitiránse aportacións “en especie” tipo galletas, tortillas, pan, colacao, leite ..
A Organización do II Foro Galego de Acampadas.
Bó e fructífero 25Xñ, Ca(m)pitáns! ;O)