A día 22 de xuño de 2011, sendo as 21 horas da inicio a asemblea de AcampadaOurense.
Preséntase os puntos da orde do día:
1. Propostas á asemblea dos Grupos de Traballo / Debate do día anterior:
conclusións:
i. Facer camisetas para a Marcha a Madrid para que os que vaian que a merquen e deixala na tenda que as fagan para a súa venda.
ii. Que apareza a rota da Marcha nas costas.
iii.Que non teñan ningún símbolo nin o nome daAcampadaOurense.
iv.Proponse á asemblea facer camisetas para apoiar áMarcha, proposta que queda aprobada por consenso.
b. Intervención do Grupo de Traballo da Concentración polo Centro de Toén e exposición das conclusións:
i. Non hai información suficiente por parte dos convocantes e deberían asistir á asemblea para informar.
ii. Infórmase que os convocantes foron invitados na mesma concentración e formouse contacto para unha futuracomunicación.
iii.Proponse á asemblea que, ante calquera convocatoriafutura, os convocantes teñan que dar unha información previapara poder estar informados e actuar en consecuencia, propostaque queda aprobada por consenso.
c. Intervención do Grupo de Traballo da nova localización e exposición das conclusións:
i. Debido ás festas de Ourense a Praza Maior está ateigada de actividade durante toda a semana polo tanto hai que buscarunha alternativa para ter tanto as Asembleas Xeráis coma asAsembleas de Debate.
ii. Propóñense tres localizacións á asemblea, Praza do Trigo, Praza do Correxidor e arredores das Burgas e ningunha delas foiaprobada por consenso, polo que se queda en volverse a reunir óseguinte día nas escaleiras da entrada principal da Catedral.
d. Intervención do Grupo de Traballo da Marcha e exposición das conclusións:
i. Proponse poñer un posto de información para a Marcha e para informar sobre o movemento e recoller sinaturas e traballar para o seu funcionamento, proposta aprobada por consenso.
2. Informe das comisións:
a. A Comisión de Acción / Actividades informa do seguinte:
i. Creación dun obradoiro de teatro os mércores ás 19 horas que terá unha parte de expresión corporal e outra de teatro innovador.
ii. Realizar unha cea o Venres día 1 de Xullo.
iii.Realizar unha cea picnic para recibir á Marcha que ven de Vigo o Domingo día 26 de Xuño.
iv.Facer un videoforum os Xoves de Verán.
v.Facer unha Jam, para a cal requírese unha batería e un equipo de son.
Realización dunha andaina informativa vestidos de atletas para recoller firmas.
b. A Comisión de Comunicación informa do seguinte:
i. Ten feito un informe de traballo e actividades.
ii. O blogue múdase de enderezo a ourense.tomalaplaza.net.
iii.Os deseñadores fixeron uns flyers para a Marcha.
iv.Necesidade dunha webcam e un portatil para volver a facer o livestreaming das Asembleas.
v.Necesidade de traductores galego/castelán e castelán/galego.
vi.Proposta de repetir a actividade do tren turístico.
vii.Proposta de facer un concurso para a construcción do stand, que se propoñería a escolas de deseño e arquitectura.
viii.Está creado o evento correspondente para facer a cena picnic.
ix.A subcomisión de Externa propon a posibilidade de ir ou non ó foro galego de acampadas o 25 de Xuño en Santiago de Compostela.
3. Novas propostas presentadas á asemblea para tratar en grupos de traballo/debate:
a. Facer un Grupo de Traballo para desenvolver a operatividade das firmas.
b. Facer un Grupo de Traballo para debatir facer a asemblea en Os Peares o Luns día 27 coincidindo coa primeira etapa da Marcha.
Sen máis temas que tratar, péchase a asemblea ás 23 horas.