MANIFIESTO #ACAMPADAOURENSE 19X

Hoxe 19 de Xuño, parte da sociedade civil; anciáns, mozos e mozas, traballadores, desempregados e desempregadas, estudantes, empresarios, empresarias, profesionais liberais e persoas de todas as clases e ideoloxías; sen medo e conscientes, opoñémonos firmemente a cobiza dos mercados, a manipulación dos medios de comunicación, e a deslealdade dos partidos políticos, monicreques dos grandes conglomerados financeiros.

Estes, agochando as súas verdadeiras intencións, critican aos cidadáns críticos, pero o pobo aquí reunido faino responsablemente e cumprindo os deberes que cada individuo ten coa súa comunidade, e referidos no artigo 29 da Lei dos Dereitos Universais da Muller e do Home.

Nos, a Sociedade Civil aquí reunida, facendo uso subsidiario de estes deberes, sentímonos na necesidade e tamén na obriga de informar que:

Considerando que a corrupción é desenfreada en todos os niveis de goberno: recalificaciós de terreos en concellos, formación de redes clientelares financiadas con fondos públicos creando unha administración paralela, tramas corruptas que se teñen enriquecido en torno a partidos políticos, centos de casos de transfuguismo, realización de proxectos de infraestrutura sen valor comercial financiados por caixas de aforro que foron levadas á quebra, e así por diante…

Considerando que, en este país, por desgraza, a incompetencia e falta de sentido de Estado, xunto coa corrupción desmesurada, provocou a maior concentración de riqueza na historia en mans duns poucos, mediante un saqueo masivo ao 90% dos cidadáns.

 

Considerando que a elite empresarial e financeira e os máis próximos ao poder enriquecéronse hasta límites inimaxinables, sendo ademais eximidos do pago da meirande parte dos impostos, mentres esmagan desapiadadamente a clase traballadora e a clase media.

 

O goberno ten abandoado voluntariamente os instrumentos de política que poderían beneficiar a vida da cidadanía en pro dos grandes grupos financeiros.

Os políticos andan amarrados de pés e mans, para que os mercados podan alcanzar os seus milagreiros axustes espontáneos, sen embargo, a economía segue a deteriorarse, e eles continúan mentindo sobre as consecuencias.

Aproximadamente o 60% do comercio mundial desenvolvese agora a través das multinacionais, que para non pagar impostos afloran os seus beneficios en paraísos fiscais, e no canto, cobran os seus custos en países con tributación elevada.

Os gobernos do G-20 continuamente falan da necesidade de loitar contra a fuga de capitais, pero esquecen falar do evidente: a fuga de capitais dun país correspondese sempre co refuxio do diñeiro noutro pais, algo que beneficia as multinacionais e tamén as elites dos esgotados países en desenvolvemento.

 

Sabemos que os camiños da estratexia que están seguindo son sofisticados e intricados, e que os deseñadores do plan continúan co seu obxectivo; antes de finais de xuño, os Políticos Europeos asinarán o chamado Pacto do Euro, que ten como obxectivo o ataque feroz ao corazón do Estado de Benestar que queda; salarios, pensións, educación e sanidade.

Pero isto non é todo xa que una vez cedida a soberanía orzamentaria e fiscal nas mans de Bruxelas e o Fondo Monetario Internacional, estes aplicarán as súas políticas que nós, os cidadáns, asumimos que serán as de sempre: diminuír máis o gasto público e aumentar impostos e taxas… e o reino vaise ver nunha situación de pobreza durante décadas, grazas a estas restricións políticas auto-impostas.

Polo tanto, nós consideramos necesario manifestarnos en contra do Pacto polo Euro e os retrocesos sociais e democráticos que este comporta, e contra a ditadura dos mercados.

Manifestarnos ante a oligarquía bancaria, a política, e os que se lucran do gran negocio chamado débeda pública.

Manifestarnos por unha Política Fiscal Xusta, e en defensa do público e dos Bens Públicos.

 

E por isto mesmo reivindicamos e asumimos como imprescindible un cambio urxente, e demandamos:

 

• Un cambio na lei electoral que incentive a participación do pobo como base, eliminando o control da dirección dos partidos políticos sobre o poder lexislativo e executivo.

 

• Unha democracia controlada por poderes separados, non un só poder con funcións separadas.

 

• A abolición dos paraísos fiscais.

 

• Unha tributación xusta, progresiva e redistributiva, incrementando a fiscalidade das rendas do capital, incluíndo impostos sobre as grandes fortunas e as operacións especulativas de capital.

 

Nos, a sociedade civil asumimos a importancia do aquí formulado coma o único cambio posible para un futuro digno da humanidade, e berramos:

 

NON O PACTO DO EURO!

NON A DICTADURA DO CAPITAL!

NON A PARTITOCRACIA, E A DISCIPLINA DE PARTIDO!

 

Ourense, 19 de Xuño de 2011

 

Os comentários estão desativados.