ACTA DA ASEMBLEA DO 16/6 AS 20:00

A día 16 de xuño de 2011, sendo as 20.13 horas da inicio a asemblea de AcampadaOurense. Preséntase os puntos da acta có debate correspondente aos mesmos:

 

1. Recollida de firmas. Coa colaboración dun avogado estase elaborando un modelo para a recollida de firmas con respecto a petición dun debate e posible reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral)

2. Megafonía 19X. Finalmente disponse de megafonía de modo gratuíto, grazas a unha colaboración. Matízanse os puntos referentes aos coches dispoñibles, texto a gravar así coma percorrido. A súa vez decídese por consenso crear unha lista musical para amenizar a mensaxe.

3. Faixas. Organízase un grupo de traballo para elaborar as faixas que se empregaran o 19X, o cal será encargado de elaborar unha có lema “Non ao Pacto do Euro” e outra baixo as verbas “Europa para o pobo e non para os mercados”. A súa vez procederase a elaborar pequenos cartaces para portar na manifestación cos distintos lemas recollidos en Facebook.

4. Identificacións. Proponse elaborar unhas identificacións para cada comisión para facilitar a comunicación interna, sobre todo con vistas a xente que se achega por primeira vez. A proposta é ben recollida pola Asemblea e ninguén se opón a dita proposta.

 

Peche de asemblea

 

Os comentários estão desativados.