A día 19 de xuño de 2011, sendo as 20.18 horas da inicio a asemblea de AcampadaOurense. Preséntase os puntos da acta có debate correspondente aos mesmos.
1 Charla-Debate “Reflexións do 15” organizada por Xuventudes Socialistas de Ourense.
- O formato da mesma sería unha mesa redonda con debate, para por en común os puntos fundamentais das reivindicacións e puntos de indignación, así coma a visión da problemática por parte dos partidos. Con respecto ao carácter do acceso ao evento, o mesmo terá carácter público.
- Proponse non asistir a reunión, así como elaborar por parte da propia Asemblea un debate propio (na propia plaza).
- A súa vez fálase da posibilidade dunha nova estratexia (método) de comunicación con agrupacións e asociacións.
VOTACIÓN: Sométese a votación a asistencia ao evento, a cal é rexeitada por unanimidade.
2 Megafonía do 19X.
- En base as propostas xa presentadas en anteriores asembleas proponse a opción de alugar un equipo de megafonía, o custo do cal sería de 60 euros por dous días, aínda que permanécese a esperas dun gratuito.
VOTACIÓN: Sométese a votación a opción de crear un fondo para sufragar a megafonía, a cal é apoiada por ampla maioría.
3 Viaxe no “tren” do Concello.
- Quédase en calcular o tempo así como as diversas posibilidades que se poderían contemplar coa acción
4 Pancartas.
- En base ao acordado na anterior asemblea concrétanse as 21 horas do seguinte día, 16 de xuño, para comezar coa elaboración das mesmas.
PROPOSTAS
– “Representantes para escoitar o que nos queren decir os diferentes partidos e asociacións”.
– Elaboración de algún distintivo para a andaina do día 1 de xullo.
– Eliminación dos comentarios do blogue, entendendo que o mesmo é un espacio de información e non de debate.
– Elaboración dun horario máis detallado.
– Elaboración dun texto que ler ao final da concentración do 19X, para o cal se crea un grupo de traballo.
– Opción de asistir a un programa radiofónico organizado pola asociación cultural el cercano (ww.elcercano.com), a cal carece de ánimo de lucro.
– Creación de mecanismos de comunicación para facilitar as mesma coas asociacións e agrupacións.
Sendo as 21.13 horas dáse por finalizada a Asemblea de AcampadaOurense.