- Debátese o convite das Xuventudes Socialistas de Ourense a asistir a una charla debate na súa sé. Non se chega a consenso a espera de falar con eles as condicións da asistencia, como posible cambio de sé e asistencia.
- Fálase do convite ao debate da cadena SER o luns día 13, acudirán Roberto Pereira, Dani Conde e Anxo.
- Debátese a asistencia a radio EcoFM ao programa El Cercano o próximo mercores día 15 ás 20h, está confirmado Jorge e faltan dúas prazas a decidir en asamblea.
Proposta de acción concretas:
- Contra a Voz de Galicia, pola súa manipulación con respecto o movemento: 4 votos a favor, 5 en contra e 11 abstención, quédase en redefinir a proposta.
- Proponse acción contra este medio na manifestación do día 19 con alusións en maneira de cartaces e pancartas: 16 votos a favor, 0 en contra e 4 abstencións.
- Débatese acción na deputación durante a toma de posesión. Queda a expensas de coñecer a data concreta desta.
- Unha persoa de maneira particular pide que se faga público as persoas que se fan cargo do blogue e máis do facebook. Dende coordinación comentaselle que non hai problema ningún e na próxima asamblea se lle facilitará a lista dos integrantes da comisión de comunicación.
- Tamén se pide que a xente que fai críticas na rede se identifique.
- Solicitase quedar un día para facer as pancartas para a manifestación do 19X.
- Finalmente solicitase unha reunión de comisións para tratar o futuro do movemento e tratar de facer unha folla de ruta.