- Lectura do manifesto e os seus tres puntos básicos.
- Lectura da acta de pola mañá.
- Explicase que as necesidades da acampada non son obligación para os membros asistentes a asamblea senón exemplos de cousas coas que se podería colaborar en caso de querer facelo.
- Un home trata o tema do capitalismo, do fin de este e do estado do benestar o cal leva en declive dende o ano 70. Fai a proposta de ampliar a asamblea os barrios e comentaselle que dita proposta xa está en estudo e en espera de ser posta en marcha.
- Trátase o tema da nova reforma laboral máis en profundidade que no día anterior
- Explicación e crítica os medios de comunicación e a súa maneira de utilizar a contrainformación.
- Fálase das continuas críticas na plataforma Facebook.
- Lánzase por un participante da asemblea a proposta de acto a realizar na toma de poder do concello de Ourense, na cal ademais de encher de pancartas e demais a plaza se propón sentarnos de costas os políticos asistentes para mostrar o noso rexeitamento ao actual sistema.