ACTA DA ASEMBLEA DO 3/6 AS 12:00

Actividades para hoxe:

  • 19:30 Cacerolada.
  • 20h Asemblea / Micro Libre / Charla antisida.
  • A continuación Reunión de voluntarios.
  • 22h Concerto.

Temas a tratar na asemblea da tarde:

  • Proposta de obradoiro de Teatro, 6 persoas mínimas (voluntarios para inscribirse), quedarase en chamar o encargado de realizalo (Anxo) o luns.
  • Proposta de obradoiro de danzas tradicionais do mundo, comezará o sábado 4 de xunio as 18.30 inscripción de voluntarios para chamar a Marga hoxe as 21h/21:30.
  • Información de delegados nas reunión de acampadas en Madrid e Vilagarcía.
  • Agradecementos as persoas e locales que nos están a axudar desinteresadamente (Arabika, Trampitán, Lizarrán, xoguetería A Bufarda, Grándola, Asoc. Fonte, comedor Begano A Valenzá, Universidade de Vigo (campus de Ourense) e bueno toda a xente anónima que nos axuda sen pedir nada a cambio, a todas elas recordaselle a nosa proposta de banco de tempo polo cal estamos a súa disposición para o que precisen.

Bueno dar gracias tamén o INEM por toda a xente que está a proporcionar
o noso movemento.

Finalmente recordar as necesidades da acampada para que na medida do posíbel a
xente que queira poda axudar e proporcionarnos:

  • Comida varia (pasta, fiambre, croquetas, empanada) e se alguén de vez en cando pode cociñar algo quente sobre todo para as ceas será moi benvido.
  • Café e infusións.
  • Cociña de butano/camping gas.
  • Almofadas e cojíns.
  • Baúl para comezar a organizar as cousas.
  • Adaptador proxector/ordenador.
  • Cinta illante, corda, plásticos, cola blanca.
  • Baño de obra, tentaráse falar co concello para que no lo poña e se encargue do mantemento.

Por último e non menos importante por favor que alguén nos traia un fervor, e bueno
tamén uns sacos de paciencia.

 

Os comentários estão desativados.