6 anos do 15M

Neste sexto aniversario do 15M en Ourense o movemento quere reivindicar que aquelo que os levou ás rúas na primavera de 2011 segue a ter vixencia na actualidade. Máis aínda cando o tempo parece darlle a razón a aquel berro que chamaba por unha democracia real. As sucesivas tramas corruptas que dende entón viron a luz non fan máis que revelar os escuros funcionamentos das institucións públicas que son de todas nós.

Pero non só iso: a esixencia dunha democracia real tamén se extendía ao propio funcionamento dos partidos políticos que teñen o papel fundamental de nos representar en democracia e que, a tenor dos movementos nos últimos tempos, parecen non percibir que a sociedade non precisa de personalismos, nin baronías, nin liderados unipersonais, e sí dunha renovación verdadeira no seu interior.

O poder popular exercido dende as prazas, a partir daquel 15 de maio de hai seis anos mudouse á consciencia de miles de persoas en todas as partes do país e tamén na nosa cidade, Ourense. As consecuencias foron un aumento do grao de implicación social e político de ducias de persoas na nosa contorna e tamén a elevación dos mínimos de esixencia ética cara ás nosas representantes públicas nas institucións.

A este respecto é chamativo que o máximo dirixente do partido político maioritario na nosa provincia e tamén Presidente da Deputación de Ourense non dubide en manterse aferrado ao seu cargo público a pesar de estar sendo investigado por numerosos delictos. A tan anunciada exemplaridade dos políticos atópase dramaticamente ausente da persoa de Manuel Baltar contribuíndo coa súa actitude a prorrogar o desafecto que a cidadanía ten das súas institucións. Nunca unha persoa debería ser máis importante que o cargo que ocupe e é con comportamentos como o de Baltar que se produce un dano á credibilidade do sistema.

O 15M quere poñer neste sexto aniversario o seu foco de alerta nun caso que, non sendo único, sí é paradigmático dunha enfermidade que afecta á nosa democracia e que, polo ben de todas, débese corrixir canto antes. É por iso que facemos novamente e seis anos despois un chamamento á rebeldía cidadá cotiá. Unha rebeldía que debe ser perenne e que nos manteña alerta daqueles que se din os nosos representantes pero que, en realidade, tan só representan os seus propios intereses.

Contra a corrupción e o nepotismo indignémonos unha vez máis!

15M 2016 :: Nuit Debout

Atendendo á chamada internacional que realiza o movemento Nuit Debout, para sair ás rúas e ocupar as prazas o 14 e 15 de maio, o 15M de Ourense quere ofrecer un espazo de encontro a todos os movementos e persoas loitadoras da nosa cidade.
Ourense é unha cidade con ampla traxectoria reivindicativa e política. O pobo ourensán soubo saír á rúa contra a guerra en numerosas ocasións, para reclamar os dereitos das traballadoras, contra os incendios  forestais, para berrar “nunca máis” e tamén por un campus digno. Centos de persoas fan do seu compromiso un xeito de vida. Loitando día a día en organizacións e colectivos para defender a causa na que cren.
Nuit Debout fixouse como primeiro obxectivo a creación dun espazo de converxencia das loitas e, dende Ourense, propoñemos esta xornada aos colectivos da cidade como recoñecemento e agradecemento a cada un deles pero tamén con ese obxectivo colectivo. A praza Maior de Ourense converterase no lugar onde escoitaremos as voces daquelas que sosteñen a chama da loita popular e cidadá ao longo de todo o ano. En defensa da lingua, do dereito á vivenda ou da liberdade de expresión. Reclamando unha educación e sanidade públicas, gratuítas e de calidade. A preservación do patrimonio de Benposta ou a construcción dun centro para persoas con diversidade funcional. Un campus digno e tamén unha Casa da Xuventude viva e de todas. A apertura de fronteiras para as persoas refuxiadas e máis o respecto aos dereitos do pobo Palestino e do pobo Saharaui. A existencia dun espazo sociocultural autoxestionado e tamén o dereito a unha mobilidade sostible pola nosa cidade. A loita do movemento feminista e máis do movemento ecoloxista. O dereito a pan, traballo e teito. O dereito a querer ser nai ou non e máis a un parto respectado. Os grupos que defenden outros modelos de consumo. E tamén aqueles que reclaman ríos limpos ou que loitan pola defensa dos nosos montes
Hoxe xa non é o momento de indignarse en solitario senón de actuar todas xuntas. Somos o 99% e temos a capacidade de rexeitar aos do 1%, á imposición dos mercados financieiros, á destrución do entorno, ás guerras e, en definitiva, á degradación das nosas condicións de vida.
É por isto que facemos un chamamento a todas aquelas persoas, entidades, colectivos ou organizacións que se sintan interpeladas a que acudan o sábado 14 de maio ás 19h para poñer voz á súa loita. Os colectivos participantes terán a ocasión de explicar as súas experiencias e traballo e aportar alternativas para o futuro. Queremos que se deixe pegada do seu relato nunha conversa colectiva dende o respecto á pluralidade das loitas.
Image

5 anos do 15M :: Converxencia das loitas

5anos15m

Concentración polo dereito a unha vivenda digna

Dende STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE se convoca unha concentración para reivindicar o dereito a vivenda de todas.

Artigo no blogue: http://stopdesafiuzamentosourense.blogspot.com.es/2014/01/casas-sen-xente-xente-sen-casas.html

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/618372674903370/?ref_newsfeed_story_type=regular

A concentración terá lugar este Xoves día 30 de Xaneiro ás 11:30 fronte á Delegación de Vivenda da Xunta de Galiza en Ourense.

ACUDE E DIFUNDE!!!

ACTA DA ASEMBLEA DO 5/12/2013

ORDE DO DÍA:

A)-STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE:

1) Accións/colaboracións

a)-Detención de compañeiros plataforma Coruña. (Nota imprensa,concentración). Mellora da resposta e colaboración para outras ocasións.

Sela pensa que é bo traballar coa posibilidade de establecer uns criterios sobre estes temas que logo podan aplicarse a calquera caso que xurda, agora é todo bastante confuso e sería bo ter un protocolo de actuación para casos de emerxencia que xurdan, agora mesmo hai moitísima descoordinación entre quen fai reparto de alimentos, quen trata o tema facturas, quen recibe casos novos, etc. Entón esto tamén se suma ó lío que producen que pouca xente esté disposta para actuar de urxencia.

b)-Accións de demanda político-sociales da plataforma en Ourense.(opínase que se debería comezar con accións que sinalen a falla dunha polítca de vivenda adecuada á situación na que nos atopamos).

Tormenta de ideas.

Sela pensa que temos que falar este tema de que se ande pagando as facturas á xente, que temos que cambiar esta forma de actuar, e centrarnos na realidade da inoperancia administrativa, fin único no que Stop Desafiuzamentos se deberían centrar e presionar para cambialo.

Ximena comenta de preguntar outra vez sobre as solucións do Concello, as que ten actualmente, que seica ten axudas, pero non as da (vivendas de aluguer social). O Concello non da explicacións, nin di cantas ou donde son. Coméntase de facer unha denuncia, a modo de presión, para preguntar polas vivendas. Tamén se recorda de facer outra asemblea do Pacto Cívico.

Era bo que alguén informase para saber se por aí se pode facer algo ou é mellor desbotar e centrarse noutras cousas. Fálase de presionar ó Concello (tanto á administración local como á Xunta), con ou rolda de prensa ou accións a nivel mediático. Tamén se fala de que a plataforma pregunte ó Concello directamente, esperando un tempo prudente para facelo, sobre as vivendas que posúe.

Redactar un comunicado da plataforma, e fálase de ir o luns con afectados á Delegación de Vivenda (Xunta, Sáenz Díez). Dáselles un plazo de 15 días, para que o fagan público ou o envíen á dirección que lles demos.

Fálase que antes de pedir directamente a número de vivendas sociais, sería ben preguntar directamente que tipo de requisitos se precisan para acceder a unha vivenda social. Ximena di que o Concello xa recibiu solicitudes por escrito pero non lle diron nada todavía como resposta.

Búscase denunciar a situación de total censura informativa.

Acórdase abrir un PIRATE específico para pegar ligazóns do tema (vivendas social en Ourense), información, canta máis mellor, para antes do luns, e para poder ter info suficiente para redactar a instancia. Fálase de como cidadán, sin necesidade de ser plataforma, pódese pedir información a nivel particular, xa que é de uso público.

Coméntase que no 1º Pacto Cívico, recórdase que o representante da Xunta non veu, por eso con máis razón este tipo de accións de presión a que funcionen os campos dos servizos sociais público.

2) Teléfono tarifa plana para uso da plataforma.  

Fálase de facerse cun número para Stop Desafiuzamentos Ourense, debido á sangría que sufre Roberto cando ten que chamar a todos os afectados, tanto para preguntar polos casos como para preocuparse a nivel particular. Fálase de número de tarifa plana.

Fálase de repartir máis o traballo para que non vaia só unha persoa, e poder repartir os gastos, que canta máis xente, sae a menos e pódese continuar.

É mellor colectivizar o traballo, e así facelo máis levadero.

Opínase que é mellor que a xente se responsabilice na medida que poida, pero está claro que os afectados non poden esperar que se faga todo por conta da xente que xa é diario o esforzo que pon nesta e noutras plataformas.

Fálase de posibles solucións no medio, porque non se pode seguir repartindo os fines de semana, chamando, facendo todo nos, sen que ninguén se misture dos afectados, cousa que non parece ben.

Fálase de facernos cun teléfono propio e compartilo cada semana cunha persoa, que collerá as chamadas e os datos, para logo ponherlos en común con todos.

Imos a deliveralo falando con outras plataformas, para ver como proceden neste caso.

3) Novos casos:

Fálase de facer un documento para facilitar máis datos de forma máis ordenada, unha especie de documento con partes como créditos, número de familiares, particularidades que se poidan ter para diferencias os casos ben, sen necesidade de actualizar cada dous por tres as follas excell que temos.

Coma sempre os detalles dos casos concretos non se publican por cuestións de protección de datos personáis.

Quédase o 15 de decembro para que todos estemos e poder facer común o protocolo de actuación para que os que queiran, poidan axudar con toda a información disponhible, e poder axudar ós afectados de mellor maneira tanto telefónicamente como en persoa, xa que moitos afectados necesitan guía tanto legal como de actuación, para recabar información…

Fálase de chamar a xente de outras plataformas. Creemos que é moi interesante que venhan afectados que agore estén na plataforma, para dar máis ánimo.

4) Estado do resto dos casos.

Coma sempre os detalles dos casos concretos non se publican por cuestións de protección de datos personáis.

5) Recollida de alimentos analise de erros e conclusións.

– Colaboración co banco de alimentos

Non podemos desaparecer da praza de abastos. Desapareceu a nosa caixa dos Remedios onde a puxemos, e apareceron misteriosamente carrinhos do Banco de Alimentos.

Falaremos con eles para ver como facer cos alimentos frescos e si é necesario, cederlle a parte de responsabilidade ó recoller alimentos, pero o que se ten que facer é entenderse, xa que estamos facendo todos pola mesma fin: recoller alimentos para afectados pola crisis.

Tódolos afectados están apuntados no Banco de Alimentos.

Hai que entregarlles o sobre cos datos para que poidan acceder alimentos, presentándoo alí. Marisela facilitará os sobres cos datos ós afectados.

6) Colgar no blogue os pisos de aluguer baratos.

Oscar comprométese a actualizar a lista de pisos de alugueiro (mensual), para mantelo colgado no Blogue/Facebook de Stop Desafiuzamentos Ourense.

7) Punto en común (lugar) para os días que se recolla alimento, para que os afectados venhan a recollelo, e intentar liberar un pouco o traballo que surxe disto.

Viase agardar á consulta co Banco de Alimentos para ver como se segue con esto.

B))-CICLO DE PALESTRAS CREANDO ALTERNATIVAS

Non se trata este tema por falta de tempo.

C)) 14D Rodea Congreso.

https://www.facebook.com/events/224380711019580/

Non se trata este tema en profundidade por falta de tempo, pero comentase que nesa data hai manis pola defensa da sanidade pública na cidade. Iugalmente se deixa o enlace por se alguén quixera asistir.

ACTA DA ASEMBLEA DO 21/11/2013

 1) Contas do Ciclo de Palestras “Creando Alternativas II” e “Semana de Acción Global Contra a

Débeda”.

ROBERTO RECADADO:

•          Postais, marcadores e chapas: 22€ + 53,5€ = 75,5€

•          Semana da Auditoría da Débeda: 39,65€

COBROS:

•          ROBERTO “ACEROPLUS”: 12,5€ (Cobra a metade do valor da factura real)

•          MONTSE “DEIMPRESIÓN”: 15€

•          ROBERTO GASTOS: 20€ (Gastos de viaxes e chamadas)

•          OSCAR “IMAXEART”: 84€

RECADADO TOTAL A 21/11/2013: 752,12€

*Falta por cobrar cousas Nolas e seguro alguén máis.

2) Stop Desafiuzamentos Ourense:

   a) Estado de cada un dos casos que actualmente están en activo

  b) Recollida de alimentos:

Preferimos esperar para falar máis profundo cando Sela esté presente, xa que ela leva moito máis controlado este tema da recollida.

Este Sábado quédase outra vez ás 2 na Praza de Abastos. Sabemos que hai un local que lle sobrou carne dun churrasco enorme, e ténhena conxelada. Tamén hai todavía alimentos conxelados que serán entregados ós afectados que o necesitan.

Ximena e Oscar averiguarán o do Banco de Alimentos, a súa forma de repartir e como conseguir alimentos con maior facilidade para os afectados. Fálase de quedar na rúa, nun punto en común, para que os afectados se acerquen e non ter que ir casa por casa a repartir, xa que non cremos que sexa a nosa finalidade, e vemos que os afectados ténhense que mesturar e implicar máis no que facemos, xa que eles son os maiores implicados noutras plataformas e cremos que é necesario para que aprendan máis doutros casos e sepan defenderse persoalmente.

       c) Comentou Montse que no Pavillón dos Remedios quitaron a nosa caixa e puxeron dous carrinhos con cartel moi grande do Banco de Alimentos. Cremos que deberíamos mirar tanto se se recaudou alimento neses días como pedir esplicacións ó concelleiro de deportes, xa que foi el quen nos permitiu in­situ colocar a caixa alí, e agradecendo a iniciativa.

       d) Posibles accións?? (Falalo con máis xente, e con Sela diante).

3) Plataforma Pola Banca Pública, ADUCAB.

Na reunión de Vigo acordouse e falouse dunha posible acción colectiva, na que se ve posibilidade de atacar a Méndez con acusación particular, xa que existen indicios (aparte dos que éticamente sabemos todos os mortais) de irregularidades punibles.

Persíguese unha auditoría da totalidade dos cartos das estintas caixas galegas. AGAPROFI está indo moi forte no comentado.

Acta Asemblea 31/10/2013

ORDE DO DÍA XOVES 31 DE OUTUBRO.

1º) Contas e pagos da Semana de Acción Global contra a Debeda.

Non se fixeron contas porque non puido asistir a xente que se fixo cargo dos gastos.

2º) Auditoría das caixas.

-Xuntanza Compostela (pbp, ADUCAB, AGAPROFI)

Hoxe, 31 de outubro, tivo lugar esta reunión como último paso antes da venda inminente de NovaGalicia Banco. Malia a ausencia de moitos integrantes de ADUCAB fálase de iniciativas en distintos concellos contra a venda da caixa galega. ADUCAB E AGAPROFI van facer cadansúa asemblea, ADUCAB o día 13 de novembro, coa finalidade de unir as dúas asociacións e aunar esforzos.

-Encontro co Fiscal Xefe de Xustiza de Galiza.

Hai unha cita pedida con el para tratar que percorrido legal queda (conscentes de que pouco) para poder frear legalmente a venda da caixa.

3º) STOP DESAFIUZAMENTOS:

a) Recollida de alimentos.

TENDAS E MERCADOS: Sela chamou á praza de abastos, Miguel de unha das dúas asociacións dixo que os sábados poderían facer os comerciantes os repartos dos sobrantes. Este sábado hai que ir e organizarse para saber quen poderá ir o resto dos días.

Claudio (novo Corvirán) menguou a doazón.

Aquí, van valorar o do carriño, non entregará alimentos, di que xa os reparte a outras asociacións.

Alba queda pendente de concretar as doazóns en Pincha Precios e a colocación dos carriños nos seus supermercados.

Día, Carrefou non.

Lidl non contestou.

CAFETERÍAS:

David, de Trampitán, propuxo facer deste local un punto de recollida de alimentos. Habería que falar con outros bares.

Na Cafetería do Paco Paz porase tamén un punto de recollida todo o ano.

CLUBES DEPORTIVOS:

Clube Allariz Baloncesto, non hai problema. Punto de recollida fixo no pavillón de Allariz.

Mañá a unha do mediodía rolda de prensa para anunciar aos medios que se inicia a campaña de recollida de alimentos co Baloncesto Femeninio. Para mañá para a rolda de prensa fai falta a faixa, carteis. Ás 13 horas no pavillóns dos Remedios prégase que se sume xente.

Os dous clubes de futbol sala teñen o 9 de novembro o primeiro derbi en división de honra e farese aprimeira recollida de alimentos. O luns haberá unha rolda de prensa (por concretar horario e lugar), e toda a semana punto de recollida no Pavillón dos Remedios.

Coméntase a posibilidade de achegarnos a asociacións de veciños de Ourense para comunicarlle que dende Stop Desafiuzamentos Ourense estamos facendo unha campaña de recollida de alimentos.

Cada un que se encargue de un ou varios lugares onde se deixa punto de recollida de alimentos e que se comprometa a recoller os alimentos.

Falamos dun posible protocolo de reparto, primeiro contactando coa lista de afectados e despois barallando a posibilidade de repartilo entre máis xente con  necesidade, facendo caixas equitativas e repartilas.

b) Presupostos camisolas. 3 euros as brancas (aínda hai), de color 6 euros.
 Fálase de usar as planchas da Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense, xa que o director comentara no seu momento de que os ex-alumnos poden subir para facer actividades, e poderíanse usar para imprimir as camisolas. Chamae ó director e concretar.

c) Casos: faise un resumo dos novos casos e dos que están sendo máis activos agora mesmo e con máis necesidade de actuación, pero por motivos de protección de datos non se

d) Posibles accións.   Falar con Stop Desafiuzamentos de Corunha para actuar xa que eles tenhen esperiencias previas con casos.

CARRIÑO SOLIDARIO

Hoxe se presenta ás 13:00 hrs. no Pavillón de Os Remedios a campaña CARRIÑO SOLIDARIO para a recollida de alimentos e artigos de hixiene que levará a cabo STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE en colaboración co Clube Baloncesto Pabellón Ourense Feminno.

http://stopdesafiuzamentosourense.blogspot.com.es/2013/10/nova-campana-de-recollida-de-alimentos.html

ACTA ASEMBLEA 20/10/2013

19:00h

Praza Maior de Ourense

1º -Evaluación dos actos da “Semana de Acción Global contra a Débeda”.
(Contas, recadación e pago de débedas)
http://auditoriaciudadana.net/nodo/galiza/
Posponse o reconto das contas para a próxima semana, e farase un reconto in-situ do gastado en imprimir cartaces, así como os gastos en marca páxinas e postais.
Tamén se falará do recabado nos botes solidarios que se deixaran nos bares.
Moita aceptación na rúa da información que se deu na mesa informativa da plataforma da PACD.
As charlas foron algo floxas, aínda que moi interesantes. De tódolos xeitos, están colgadas en internet para a posterior visibilización.

2º -Stop Desafiuzamentos Ourense.

a) Novos casos. Os novos casos, incorporaranse á base de datos que a plataforma posúe. Fálase de seguir e continuar na linha das charlas e da mesa informativa sobre a débeda, e extendela no tempo xa que deu moitos froitos. Fálase de Carlos Martell, e de que xa ten moita experiencia e pódese seguir traballando con eles.
b) Un dos casos precisa conseguir tanto roupa como alimentos. O outro caso queda en mans momentáneamente da OIH de Ourense, e temos que estar pendiente de que sae desas reunións.
Temos que visitar a Delegación de Vivenda da Xunta en Ourense para saber se existen máis casas para usar en posibles casos futuros de desafiuzamentos.
c) Sareb: “”OBXECTIVO SAREB”” http://www.sareb.es/ Buscar información nesta páxina de cómo facerse con vivendas que esta entidade “basura” vende. Punto a ter en conta: a casa ocupada de Barcelona que está agora mesmo no punto de mira informativo é do Sareb, e acaba de ser refrendada xudicialmente como que os que a ocuparon o poden facer de forma lexítima. Están á espera de nova sentencia, xa     que foi momentánea, pero ganharon.
d) Caso de outra afectada, seguir pendentes do que se avance no seu caso, sempre moi atentos.
e) Programa “Reconduce” da Xunta de Galicia: http://bit.ly/GWLiV6
Básicamente, descentralizarán a OIH de Ourense, para, en caso de necesidade de actuación tanto legais como psicolóxicos, a xente de cada Concello terán que derivarse a Santiago de Compostela, para alí levar a cabo o que agora se fai localmente, e tamén limparse de cargas que deberían ser de actuación local, cos habitantes de cada concello.
f) O CB Allariz permitiunos colocar unha caixa para recabar alimentos e tamén incluiremos máis cartaces alí para visibilizar a plataforma.
g) Dos 15 puntos acordados no Pacto Cívico, aprobado por tódolos grupos políticos do Concello de Ourense, temos que estar moi pendentes, para recordalo no próximo Pacto Cívico, e saber cando se fai a próxima reunión. A proposta de reunión sae de calquera de nos.

Fálase de facer xornadas de información nas distintas asociacións vecinhais de Ourense, do labor de Stop Desafiuzamentos, do falado no Pacto Cívico, un resumo do feito ata o de agora. O que se pretende facer con esto, é máis que nada, ponhelos ó día do acordado na nova lei hipotecaria.
Abrir un PiratePad (privado) para redactar o dossier básico da información a falar en cada visita ou cita coas diferentes AAVV de Ourense.
Fálase de lograr alimentos gracias a partidos solidarios coa súa correspondente recollida solidaria. Deberíamos falar con clubes deportivos e levar a cabo estas opcións.
Manhán luns farase recollida e entrega de alimentos ós diferentes afectados. Quedan 3 persoas para axudar a cargar e entregar.

Resumo das actividades da SEMANA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA A DÉBEDA

Aquí vos deixamos un resumo das diferentes actividades realizadas durante a SEMANA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA A DÉBEDA, que dende AAO realizamos para dar a coñecera problemática e denuncia a ilexitimidade dunha débeda que non estamos dispostas a pagar…

Conferencia – A Débeda Odiosa – Xoves 10 – co economista Carlos Martell

Cinema e debate – O diñeiro é débeda – Venres 11 –  co sociólogo Roberto Iglesias

 

Pasarrúas – NON DEBEMOS, NON PAGAMOS – Sábado 12

 

Aquí podedes atopar algunhas imaxes do pasarrúas:

https://www.facebook.com/esteban.sanchezescuredo/media_set?set=a.733926926623182.1073741887.100000176452739&type=1