Manifesto 12M-15M Ourense

Vivimos nun mundo dominado por forzas incapaces xa, se é que algunha vez o foron, de aportar unha vida digna a todos os habitantes do planeta, garantindo os dereitos básicos de existencia que nos permitan vivir con dignidade e liberdade. Un mundo onde se nos di que non hai máis alternativa que a perda de dereitos adquiridos tras longas loitas ou a renuncia a sequera gozalos. Chegamos a un mundo no que o triunfo se asimilou á perda de valores esenciais da humanidade, como a solidariedade e o apoio mutuo. É máis, todo aquilo que non fomente a competitividade, o egoísmo e a avaricia é presentado como disfuncional. Unha ideoloxía inmoral que se ve reforzada pola hexemonía cultural dos grandes medios de comunicación, auténticos instrumentos para crear o consenso necesario ao redor deste sistema inxusto e insolidario. Pero non quedamos caladas. Espertamos as nosas conciencias e estas sumáronse a unha onda de conciencia colectiva que está iluminando o planeta dunha punta a outra. Dende Túnez á Praza Tahrir, dende Madrid a Reijkiavik, dende Nova York a Bruxelas, os pobos do mundo alzáronse, na Primavera Árabe, na dignidade islandesa, na indignación do 15M ou a Ocupación de Wall Street. Todas unidas denunciamos o estado actual do mundo. O noso esforzo serviu para dicir xa abonda a escala mundial e comezar a forzar cambios, aínda nacentes pero nos que debemos seguir avanzando. É por iso, que nós, mulleres e homes, habitantes deste planeta, decidimos libre e fraternalmente facer oír a nosa voz outra vez este 12 de Maio en todo o mundo, para denunciar o estado actual do noso planeta, e esixir a aplicación doutras políticas distintas, destinadas ao fomento e promoción do ben común. Denunciamos que a actual distribución dos recursos económicos é tal que só unha minoría moi exigua escapa á pobreza ou á precariedade. As xeracións futuras están condenadas a recibir unha herdanza envelenada debido aos riscos ambientais provocados por moi poucos para o seu beneficio. Os sistemas políticos democráticos, alí onde os hai, foron baleirados de sentido case na súa totalidade, póndoos ao servizo dos mesmos que só están interesados en aumentar o beneficio para as súas corporacións ou institucións financeiras, sen importar o destino do planeta ou dos seus habitantes. Tamén denunciamos que a actual crise non é un accidente natural. Foi provocada pola avaricia dos mesmos que levaron ao mundo ata esta situación. Coa axuda dunha ciencia económica que perdeu o seu sentido orixinal de xestión do ben común, para converterse en ideoloxía ao servizo do poder financeiro, pretenden impor medidas que asfixian aínda máis a miles de millóns de persoas, sen pedirlles permiso, tan só argumentando que non hai outra solución posíbel. Din que debemos deixar o noso futuro en mans dos mesmos expertos que o están a destruír. Pero tamén, aquí e agora, voltamos. Espertamos e xa non só para queixarnos. Agora apuntamos aos verdadeiros causantes da crise, ás súas políticas e ás súas mentiras disfrazadas de baleira retórica. E propomos alternativas ás súas políticas, que permitan remediar a actual situación e avanzar cara a un mundo máis democrático, onde reinen os valores da liberdade, a igualdade e a fraternidade, o vello soño dos nosos devanceiros cando se levantaron contra a opresión no pasado por todo o planeta. Un mundo onde cada home ou muller teña garantido o dereito á libre procura da felicidade, persoal e colectiva. Isto é o que esiximos: 1. A economía debe estar ao servizo do benestar xeral e do sostén e coidado do medio ambiente, non do beneficio privado. O traballo, ademais, debe de ser valorado e recompensado pola súa utilidade social, non pola súa produtividade comercial ou financeira. Por eles esiximos: Acceso libre e universal á saúde, á educación pública desde o parvulario á universidade, e á vivenda de todos os seres humanos, mediante as políticas axeitadas para iso. Rexeitamos frontalmente a privatización da xestión dos servizos públicos e o uso destes servizos esenciais para o lucro privado. Respecto absoluto polos dereitos da infancia, incluíndo o coidado infantil gratuíto para todas. Xubilación digna para todas, dereito a vacacións e baixa por enfermidade. Todo ser humano debe ter acceso a unha renda axeitada para o seu sustento, polo que pedimos traballo para todas ou, na súa falta, renda básica universal axeitada aos ingresos locais. As grandes empresas deben de ser responsables dos seus actos. Por exemplo, non haberá axudas públicas ou fiscais de calquera tipo a aquelas empresas que violen os dereitos das traballadoras, o medio ambiente, ou practiquen a subcontratación como método de descenso dos salarios. Ademais de pan, queremos rosas. Todas temos dereito a gozar da cultura, participando dun lecer creativo e enriquecedor, ao servizo do progreso humano. Por iso, reclamamos a progresiva redución da xornada laboral, sen diminución da renda. A soberanía alimentaria debe ser promovida mediante unha agricultura sostible, como instrumento de seguridade alimentaria para todas. Isto debe incluír unha moratoria indefinida na produción e comercialización de transxénicos, e a redución inmediata do uso de agroquímicos. Esiximos políticas que entendan que o cambio de modelo de vida será ecolóxico ou non será. Estas políticas deben partir dunha base simple: non pode malograrse o equilibrio dos ecosistemas por simple afán de lucro. De feito, isto debe estar perseguido en todo o mundo como delito ambiental, con onerosas penas para os culpables. Políticas de fomento do paso dos combustíbeis fósiles ás enerxías renovables, mediante masivos investimentos que axuden a un cambio de modelo produtivo. Esiximos a creación de estándares globais de coidado do medio ambiente, obrigatorios para países, compañías e individuos. O ecocidio (dano consciente ao medio ambiente, ecosistemas e á biodiversidade) debe ser recoñecido internacionalmente como un crime da máxima magnitude 2. Para acadar estes obxectivos, consideramos que a economía debe de ser xestionada democraticamente, do nivel local ao global, arrebatando o control das variables fundamentais da mesma ás institucións financeiras, transnacionais, e as súas lobbies. Para iso pedimos: Control e regulación da especulación financeira mediante a abolición dos paraísos fiscais, un Imposto ás transaccións Financeiras (ITF), e a democratización radical do Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial, e do Comité de Basilea para regulación bancaria, cuxo mandato a partir de agora debe ser o fomentar un desenvolvemento económico baseado na toma de decisións democráticas. Os países ricos non poden ter máis votos simplemente polo feito de selo. As institucións democráticas deben estar controladas polo principio de que todos os humanos son iguais- africanos, arxentinos, estadounidenses, gregos ou alemáns. Deben realizarse unha reforma radical ou completa reestruturación democrática da Organización Mundial do Comercio, e do sistema de comercio mundial. A mercantilización da vida e os seus recursos, así como a competencia á baixa en salarios e comercio entre os países debe terminar. Recuperación do control democrático dos bens comúns, entendendo como tal todos aqueles recursos naturais e institucións económicas fundamentais para o bo exercicio económico. Isto é: a auga, a enerxía, o aire, as telecomunicacións e o sistema financeiro e monetario. En todos estes casos, a toma das decisións debe ser controlada pola cidadanía, e velar só polos seus intereses, non polos dunha exigua minoría de capitalistas financeiros. Esiximos unha fiscalidade rexional e local que atenda ao principio de solidariedade. Quen máis ten debe contribuír máis ao pago dos servizos destinados ao benestar colectivo. Debe ademais limitarse o ingreso máximo e regularse o mínimo, en cada país, como medida efectiva para reducir a escandalosa brecha social nas nosas sociedades, e os seus perniciosos efectos sociais, políticos e económicos. Non máis diñeiro para rescatar aos bancos. Esiximos unha auditoría social das débedas contraídas polos países, tal e como foi realizada en Ecuador ou Islandia, e non pagar a débeda ilexítima contraída coas institucións financeiras. Separación da banca comercial e a financeira, para evitar bancos “demasiados grandes para caer”. Fin absoluta das políticas de austeridade fiscal, que só benefician a unha minoría e causan gran sufrimento á maioría. Fin da personalidade xurídica das corporacións. As empresas non poden ser suxeitos de dereitos ao mesmo nivel que as persoas. O dereito dos poderes públicos a lexislar en favor dos dereitos laborais, cidadáns ou ambientais, debe prevalecer sobre a protección do investimento ou propiedades privadas. 3. Ademais, consideramos que os sistemas políticos deben ser plenamente democráticos. Reclamamos, xa que logo, a completa democratización das institucións internacionais, eliminando o poder de veto duns poucos países. Queremos un sistema político que represente a variedade e diversidade das nosas sociedades. Por iso, pedimos: Todas as decisións que incumben a toda a Humanidade deben ser tomadas en foros democráticos, como unha asemblea participativa e directa nas NU, e non en clubs de países ricos como o G20 ou G8. Queremos desenvolver unha democracia o máis participativa posíbel, incluíndo o desenvolvemento de formas de democracia directa non representativa a nivel local. Os sistemas electorais deben ser o máis xustos e representativos posíbel, evitando sesgos que deturpen o principio de proporcionalidade. Esiximos democracia en empresas e corporacións. As traballadoras, independentemente do seu nivel salarial ou xénero, deben ter poder real de decisión nas compañías e corporacións nas que traballan. Queremos promover as empresas cooperativas como exemplos auténticos de democracia económica. Pedimos a democratización no acceso e xestión dos medios de comunicación. Estes deben servir á educación da cidadanía, non á creación dun consenso artificial ao redor das políticas inxustas. Tolerancia cero á corrupción política e económica. Debemos deter a influencia desmedida dos grandes negocios na política, que é unha das maiores ameazas na actualidade para a democracia. Esiximos a plena liberdade de expresión, reunión e manifestación, así como o cesamento dos intentos por censurar Internet. Tamén pedimos o respecto absoluto da privacidade en Internet. Compañías e gobernos non deben facer uso impropio dos datos persoais en Internet. Entendemos que o gasto militar é contraproducente cunha sociedade politicamente avanzada, polo que pedimos a súa redución ao mínimo imprescindible. As minorías étnicas, culturais, sociais e sexuais deben ver plenamente recoñecidos os seus dereitos civís, políticos e económicos. Algunhas de nós pensamos que unha nova Declaración dos Dereitos Humanos, axeitada ao século XXI, escrita de xeito participatorio, directa e democrática, necesita ser escrita. E xa que a actual define os nosos dereitos, debe ser promovida a súa completa aplicación nos países pobre e ricos. Necesitamos crear institucións que forcen ao seu cumprimento, e penalice aos que violen estes dereitos, como unha Corte Global que persiga crimes sociais, económicos e ambientais perpetrados por gobernos, empresas e individuos. A todos os niveis, local, nacional, rexional e global, novas constitucións e institucións deben ser deseñadas, como está sucedendo en Islandia ou sucedeu en varios países latinoamericanos. A xustiza e a lei deben ser para todos, ou non serán. Por todo isto, por todo o que esta primavera global representa; verémonos o 12 de maio. Porque non queremos deixar de ser persoas. Non somos números, somos homes e mulleres libres. Pola Primaveira dos pobos!! Pola democracia e a xustiza social a nivel global!! Tomemos as rúas o 12 de Maio!!

Acta da asemblea do 19 de abril

- Celine le a descripción da performance que terá lugar despóis do dia 12-M.

O guión, feito por Celine, ten moi boa impresión entre os membros da asamblea, quedando detalles por arranxar. En principio dátase pra o 15-M, como aniversario, na rúa do Paseo ás 19:00.

- Hoxe chegou un grupo de nova xente interesada en participar nas xestións diarias que atañen o movemento 15-M.

- Lectura do manifesto pra o día 12-M. O documento fai un recordatorio de tódalas inxustizas feitas polo goberno e a banca, facendo un chamamento á cidadanía a non olvidar e manifestarse abertamente como 15-M, facendo frónte ós problemas cotidiáns de forma cotidián, unidos.

Faltan uns detalles pra o seu remate, entre eles, conseguir unha pantalla e un proxector pra ese dia na praza.

Martiño, a través de Roberto, fai a proposta de invitar ós movementos de Ourense pra que fagan o seu manifesto e veñan a lelo na praza con nós.

Comunicación na Subdelegación feita tal como se acordara.

Faise solicitude ó Concello pra ter a concentración final na praza despóis do recorrido, decindo o Concello que o dia 12-M temos a praza libre.

A electricidade depende da empresa GREMASA, según o técnico do Concello.

A tarima solicitóuselle ó Concello, e a concelleira de Cultura quedou de miralo.

- “Cea de fraternidade” :)

Proposta de Mary. Venres 27. O sitio está por verse, algo económico.

Acta da Asemblea Aberta de Ourense do xoves 12 de abril de 2012

Comeza a Asemblea ás 21 horas

Orde do día:

-         Organización 12M-15M.

Desenvolvemento:

Reparto de tarefas:

-         Coordinación xeral: asúmea Roberto

-         Permisos: Roberto asume a elaboración do mesmo e a súa presentación na Subdelegación do Goberno. Non falamos de engadir máis firmas. Ricardo propón o seguinte percorrido: Saída 19h da Alameda, Progreso, Xoan XXIII, Bedoya, Rúa do Paseo, Praza Maior.

-         Manifesto: Consensúase que se inclúa o global de DRY e os 5 puntos, e proponse convocar a outro pirate para a súa definitiva edición, ínstase a que os que vaian a participar teñan xa propostas elaboradas. Considerouse incluír un punto que faga referencia á Reforma do código penal e ao dereito á libre circulación da información.

-         Son: Ricardo asume a responsabilidade  xunto con Martiño

-         Cartelería: Para o deseño proponse a Martiño xa que as persoas que ata ao de agora a viñan asumindo xa teñen responsabilidades. Acórdase  facer una campaña de intensidade paulatina, na que vaian variando as mensaxes da cartelería., mesmo se considera oportuno que unha primeira tandada podería estar na Praza para a próxima asemblea.

Acéptase a proposta de tirada en tinta negra sobre papel amarelo.

Tamén se decide facer uns flayers co manifesto global de DRY por un lado e os cinco puntos polo outro.

Encargarase de facer as recollidas Diego.

As quedadas organizaranse cando teñamos a cartelería.

-         Para a elaboración de materiais e pancarta principal:

Ricardo se encargará de conseguir a lona, Esther de facer as letras e o         porco de ouro para a Adoración á débeda. O lema principal será: NON SOMOS MERCANCÍA EN MANS DE POLÍTICOS E BANQUEIROS e realizarase na praza o día anterior, tamén se farán pancartas pequenas. Non irá firmada, pero acórdase levar a pancarta de Asemblea Aberta de Ourense e o trapo, as demais pancartas que temos colgarémolas das barandillas dos soportais. E Celine se encarga de conseguir as persoas que a leven. Roberto asume recadar a información de si hai, para esa data, algún acto na Praza.

-         Respecto:  A coordinación levarana Ricardo e Diego e formarán parte do equipo:  Marisela, Mary e Miguel Ordoñez (confirmaron) Chino.

-          Redes: Comunicar a Mare que ela debe elaborar os eventos no face e no twiter e ten que incluír un texto que se quedou en elaborar nun documento que se abrirá en Acampada Ou Debate no que a maiores de chamar á mobilización, inclúa o programa de actos.

-        Vídeo: Ricardo porase en contacto con Dani, para que faga a gravación.

-         Acéptase a proposta de Martiño de realizar nese días, as performances cos títulos: O 15 de maio limpamos a casa e Adoración da Débeda.  Pero cómpre voluntariado e perfilar as accións.  Considérase a conveniencia de contar cun algún grupo de teatro que quixera colaborar.

-         Concerto: Ao remate da lectura do manifesto haberá un pequeno concerto a cargo de dous grupos. Para o intermedio acórdase facer o pase dun diaporama que realizará Óscar Pinal e a o cal estamos todxs invitadxs a colaborar enviando fotos.  Marisela propón invitar a músicos que acompañen a manifestación para facer festa. Tamén se acorda propoñer colaboración aos Percutores de Rairo.

-         Os puntos referentes á campaña de prensa e megáfono non houbo tempo para tratalos, pero Mary asumíu facer recopilación de consignas.

-        Comezouse a elaborar un plano de traballo para a semana que ven: e proponse que o pirate pad para o manifesto sexa o martes 15,  xoves a asemblea e o 20 Roberto presentará o permiso na delegación.

A asemblea remata ás 23 horas.

Organización Manifestación 12 de maio de 2012

ASEMBLEA ABERTA OURENSE

- Coordinadora xeral: Unha persoa que se encargue de coordinar a marcha da manifestación e a todos os voluntarios:

Roberto

- Permisos: Redactalo, asinalo, presentalos na subdelegación. Quedar cunha copia selada. Os asinantes adquiren o compromiso de acudir á mani con esa copia ou coa comunicación que reciban durante estes días con elas.

-Texto comunicado subdelegación.

Roberto nos falamos de pedir máis firmas pero penso que non haberá problemas

-Itinerario manifestación.

Saída da alameda (as 19h?) e percorrido por Progreso, Xoan XXIII, Bedoya, Rúa do Paseo, Praza Maior.

- Manifesto. Redactalo, consensualo. Ensaiar e Coordinar a súa lectura.

Pensamos que sería boa idea montar outro pirate o martes que ven (habería que anuncialo) para elaboralo xa definitivamnte.

- Son. Unha persoa encargada de montar o equipo de son (e vídeo no seu caso) e de velar polo seu bo funcionamento.

Ricardo e Martiño

- Cartelería: Deseño, impresión e pegada. Existe a proposta de utilizar os seguintes recursos gráficos:

http://dl.dropbox.com/u/24119550/DRY/12M15M-CAMPA%C3%91A.pdf

http://dl.dropbox.com/u/24119550/DRY/12M15M-TOMA-CIUDAD.pdf

https://n-1.cc/pg/photos/album/1257316/recursos-grficos-12m15m

Habería que concretar finalmente por que deseños se opta, imprimilos e realizar as quedadas para repartir e pegar. En anteriores manis optouse por realizar unha ou varias quedadas masivas de xente. En anteriores manis optouse por impresións en B/N folios A4 de cor amarela.

Continue reading

Grupo de traballo para a manifestación do 12 de Maio

Lémbrase a todas as persoas os que teñan interese en colaborar na organización da manifestación programada con motivo do aniversario do 15M, para continuar reivindicando os puntos claves do manifesto polo que seguemos loitando dende fai meses (Ver manifesto AQUI) , estades convidados e convidadas a achegarvos a colaborar e engadir o voso gran de area nesta ardua loita polos dereitos fundamentais e a protección da xustiza.

LINK do evento

ASEMBLEA ABERTA OURENSE ACTA 4 DE ABRIL 2012

ASEMBLEA ABERTA OURENSE

ACTA 4 DE ABRIL 2012

  1. 12M-15M: Comézase a valoración de manifestación e acción nos días 12 de maio de 2012 e 15 de maio de 2012. CONSENSO: celébrarase manifestación e estudiaranse posibles accións o 15M de cara a expoñelas na vindeira asemblea. Redactarase UN MANIFESTO conxunto en rede (o martes 10 de abril ás 22:00h a través dun piratepad), que recolla os puntos principais polos que se convoca á cidadanía a esta manifestación. O manifesto será sometido á asemblea aberta posterior para acadar consenso ao seu redor. Asimesmo convócase reunión de organización da manifestación o vindeiro xoves 12 de abril ás 20:00h.
  1. Entrega das sinaturas recollidas no marco da campaña para esixir responsabilidades pola xestión da caixa galega. CONSENSO: realizar a entrega de xeito inmediato para o que se instará, na vindeira reunión, á Plataforma polo Aforro Público (o 14 ou 21 de abril) a que dea o seu respaldo a esta entrega ao Fiscal Superior de Galicia, D. Carlos Varela García, na cidade da Coruña á maior brevidade posible.
  1. Próximo foro 15M Galicia. O foro celebrarase o día 28 de abril na cidade de Ferrol. A Asemblea Aberta de Ourense confirma a súa participación. Como propostas levaranse: coordinación da manifestación do 12 de maio, materializada a través dun horario común para toda Galicia e na redacción dun manifesto común. Para elo, a representación que acuda en nome da Asemblea Aberta de Ourense fará chegar o seu propio manifesto.
  1. Difusión de Rebelaos! CONSENSO: realizar unha petición por parte da Asemblea Aberta de Ourense e difundir a publicación no transcurso da manifestación do 12 de maio.
  1. Desfiuzamento en Xinzo. Infórmase na Asemblea da actualidade ao redor desta cuestión e postponse á vindeira á seguinte a valoración dunha acción de apoio contra este desfiuzamento. Agárdase a presenza de Maite para informar.
  1. Reunión co Valedor do Pobo. Tamén no marco da reunión da Plataforma polo Aforro Público trasladarase a necesidade de presentar un escrito ao Valedor do Pobo D. Benigno López. (falta información á hora de redactar a acta sobre o contido do escrito).
  1. Outras cuestións:
  1. CONSENSO Realizarase contacto coa Plataforma en Defensa das Fragas do Eume para amosar o noso apoio e solidariedade. Asimesmo a Asemblea amósase conforme con colaborar nas futuras convocatorias que esta plataforma realice.
  2. Promover a difusión da campaña por un Pacto Antiincendios en Galicia. NON HAI CONSENSO. Postponse para a vindeira Asemblea na que Xulio lerá o texto.
  3. CONSENSO para que todos os nomes que figuren na rede, escritos, pancartas ou outros medios gráficos ou virtuais e fagan referencia ao movemento 15M en Ourense pasen a denominarse ASEMBLEA ABERTA OURENSE.
  4. Proposta para a convocatoria dunha acción unitaria de protesta diante da sé central da Consellería de Medio Rural en Santiago de Compostela en protesta pola xestión dos incendios forestais neste ano e no pasado. Faise constar a dramática situación que vive Galicia ano tras ano en relación a este tema e sobre todo a provincia de Ourense que acumulou o 40% do total de incendios rexistrados en todo o Estado. A proposta non acadou consenso.
  5. Realizárase unha tirada de volandeiras convocando a toda a cidadanía a participar na ASEMBLEA ABERTA OURENSE.

 

   

CONCENTRACIÓN – LUME NUNCA MÁIS – 2 DE ABRIL DE 2012 – OURENSE

CONCENTRACIÓN – LUME NUNCA MÁIS – 2 DE ABRIL DE 2012 – OURENSE

Manifesto Asemblea Aberta de Ourense:

Estamos aquí, hoxe, de novo, para manifestar a nosa repulsa e a nosa dor polos lumes que asolan á nosa terra, para preguntarnos e preguntarlles aos que nos gobernan cantos seres sentintes han de perder a vida, cantas hectáreas máis deberán arder antes de asumir a situación de emerxencia, antes de levar á práctica as accións necesarias para protexer o noso fogar, o noso sustento que é a terra que pisamos, que son os bosques que nos protexen e nos marabillan.

Non podemos seguir tolerando esta inoperancia interesada, na que o beneficio duns poucos sexa a máxima moral, na que a herdanza dos nosos ancestros e ancestras sexa devorada pola codicia dos imbéciles e escuros.

Por iso vimos aquí para preguntarlles onde estaban as medidas de prevención dada a situación climática que padecemos.

O pobo vixila, o pobo está atento, denuncia e comunica. Pero a impotencia cunde ante o desmantelamento de brigadas, a non sustitución de baixas e xubilacións, a infrautilización de medios que quedan parados nos garaxes.

Onde está o Plano de prevención e emerxencia? Onde e cando as reunións dos Distritos Forestais para reflexionar sobre os erros, mellorar a operatividade e coordenar o funcionamento dos propios medios?

Aquí estivemos o ano pasado no que especialmente a nosa provincia foi a máis afectada de todo o Estado, con perdas de centos de millóns de euros, na que foron arrasadas zonas de alto valor medio-ambiental, na que aínda se está a esperar polo plan de recuperación-restauración das zonas afectadas.

Hoxe está a arder un dos bosques atánticos máis importantes de Europa, no que a beleza e a abundancia de biodiversidade era espléndida, do que da súa xenerosidade se nutría toda unha comarca, un paradiso que a Terra Nai tardou en esculpir miles de anos e que nunhas poucas horas desapareceu debido aos intereses duns poucos e a inoperancia dos seus cómplices.

Cómplices, si, por desmantelar a base de Queixeiro e non facer acudir as brigadas a tempo: Eses son vostedes, o goberno galego. Vostedes están incursos nun grave delito de neglixencia criminal.

Ou é que de todas as persoas que compoñen as dúas Consellerías con competencia no tema non houbo ninguén a quen se lle ocorrese elaborar un protocolo de actuación en casos como iste ?

Parece que lles da igual, semella que a terra que pisamos e nos sustenta lles trae ao pairo.  O seu desleixo danos noxo!

Por iso esiximos responsabilidades civís e penais. A dimisión dos responsables, sí. Pero iso non é dabondo: deben pagar polos delitos cometidos, tanto os autores materiais dos feitos (eses criminais que prenden lume á nosa terra) coma os membros da administración, que deberían facer o seu traballo e non o fan!

Son cómplices absolutos da traxedia ecolóxica na que nos sumimos.

Cómpre ter os ollos ben abertos e mirar ao redor neste asunto. A quen beneficia o lume?

Queimar as Fragas do Eume e rebaixar o seu grande valor natural beneficia a moitos intereses:

1-Proxecto de Celulosa nas Pontes. Precisa dun área de eucaliptos próxima, e as Fragas do Eume son unha zona húmida onde terían un gran crecemento. O sector madeireiro leva anos comprando parcelas na zona.

2-Plano de Restauración da Mina das Pontes. Segundo o proxecto é imposible evitar as filtracións de carbón e metais pesados que producen contaminación contínua no río Eume. Ao ser un espazo protexido tan valioso hai posibilidades de que haxa que pagar elevadas sancións.

3-Minas de andalucita. Proxecto mineiro dunha empresa de capital inglés e surafricano ao carón das Fragas do Eume que provocaría un grande impacto neste espazo natural.

4-Proxeto de novo encoro no Eume. O aproveitamento hidroelétrico do Eume para Endesa vai camuflado no finanzamento da clausura da mina das Pontes.

Pero nós, a poboación civil sabemos  organizarnos. Este luns 2 de abril ás 20h constituirase a Plataforma pola defensa das Fragas do Eume, en Pontedeume para esixir as responsabildades penais e políticas por este magno desastre.

Estamos na rúa e seguiremos estando.

Por Abelenda das Penas en Carballeda de Avia, por Venceáns no Parque do Xurés, polo Arbolado de Pitón en Vilamarín, por Sampaio de Arauxo en Lobios, por Armental na Peroxa, por Monterrei en Verín, por San Milán en Cualedro, por Baños de Molgas… polas FRAGAS DO EUME.

Estamos con vós.

NON ESQUECEMOS, NON PERDOAMOS!

CONSELLEIRA DEMISIÓN!

Convocatoria: LUME MUNCA MAIS

Estase organizando unha concentración por parte da Asamblea Aberta Ourense con motivo dos recentes incendios que están a asolar o noso territorio.

Pídese apoio a todos aqueles e aquelas que queiran protexer os nosos montes y deixar patente a nosa disconformidade coa situación actual e as medidas que se están a tomar por patre dos organos da administracion e o goberno autonomico.

Lema principal: LUME NUNCA MÁIS

Convoca: Asemblea aberta Ourense

Manifesto (en proceso de redacción)

Pedirase responsabilidades á conselleira de medio rural, Rosa Quintana e ó presidente da Xunta de Galicia

Día e hora: luns 2 de abril ás 20:30h

Convocantes: No cartaz non irán convocantes por  falta de tempo. Este comunicado solicitará que non haxa simboloxía de partidos políticos ou sindicatos durante a manifestación.

Percorrido: Praza Maior (segundo disponibilidades se non hai outro acto que coincida)

Comunicación a Concello e Subdelegación: Fárase unha comunicación informal na mañá do luns. Telefónica á subdelegación.

Cartelería: Non haberá cartelería

Prensa: Nota: Pódese enviar unha nota hoxe mesmo

Redes: comunicación do acto a traves das redes sociais

Coordinación xeral da concentración: coordinación

Respecto: Voluntarias: ………

Son: Ico e Samuel do Sonoro Maxín – Contactados – Pendente confirmación

Fotos:  Celiña vídeo: Idoia

Megáfono: Irá rotando

Consignas: Máis prevención e menos extinción, Conselleira Dimisión, O Noso Monte Importa, Lume Nunca Máis.

Pancarta principal: Elaborarase o mesmo luns ás 19:00h. Hai que levar tesoiras. Esther fai as letras. Celiña leva o plástico.

Faranse chapas para finanzala.

Lapas en Ourense

Chegaron moitas comunicacións de outras asambleas solidarizandose coa desgraza que vivimos en Ourense coas lapas nos nosos montes.

————————————————————————————————–

O día 29 de Marzo pola mañán realizarase unha concentración polo falecemento do traballador das brigadas de extinción ás 12h en ourense diante do Edif. Administrativo da Xunta de Galicia, na Avd. Habana, (Casa de Chocolate)

 

   

Finanzas éticas, video

Aqui poderedes ver o video da conferencia de Finanzas éticas

LINK